03/08/2016



Publicado el 04 agosto, 2016 - 18:35h

“Boga, boga, mariñeiro…”  Así é como se chama a nova exposición que onte inauguramos no centro e que é unha homenaxe a todos os homes e mulleres que dedicaron a súa vida ou parte de ela a traballara no mar.

Nesta ocasión a grande parte dos fondos foron cedidos pola Asociación de Amigos dos Barcos Tradicionais “Os Galos” de Bueu (https://www.facebook.com/Os-Galos-Bueu-170883576324449/?ref=nf). Desprazámonos ata alí para recoller o material que nos prestaron e para pasar un rato incríbel con Víctor e Rosendo que nos deron una clase maxistral sobre os distintos tipos de embarcacións que hai en Galicia. Foi unha visita que non esqueceremos. Estades todos invitados ao centro a visitar esta exposición para poder admirar o bote e os distintos aparellos que tan amablemente nos cederon.

Aquí vos deixamos unha entrevista a Víctor e Rosendo sobre o Astilleiro de Purro en Bueu.

https://www.youtube.com/watch?v=TC5lxAlxOVE

Moitas grazas á Asociación “Os Galos” de Bueu porque sen eles esta exposición non sería realidade.

 

Asociación Os Galos
Asociación Os Galos

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos