10/11/2016



Publicado el 11 noviembre, 2016 - 17:50h

“Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño”

Gran festín de castañas asadas e cocidas o que nos demos onte en San Lázaro. Todos os residentes e familiares puideron dar conta deste prezado froito de outono propio de Galicia.

Durante toda a semana os residentes estiveron traballando nos preparativos. O luns fixeron os cartuchos de papel de periódico parar meter as castañas asadas e o mércores e xoves pola mañá estivéronas pelando e picando xa que unhas ían para cocer e outras para asar.

Co lume aceso para asar as primeiras tandadas e a música popular galega soando comezamos o noso Magosto no comedor xeral, ambientado de forma diferente para o festexo. A celebración foron uníndose pouco a pouco moitos familiares que acudiron a compartir a festa con todos nos. Entre todos degustamos ao redor de 32 Kg de castañas que acompañamos dun vasiño de sangría.

Quen dixo frío?

 

“Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”

 

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos